Comezan a repoñer o firme no Camiño da Cascalleira

Marín
20 de abril 2022

O Concello de Marín iniciou esta semana as obras de contención e reposición do firme no Camiño da Cascalleira, en Allariz, na parroquia de Santomé de Piñeiro, segundo informa o goberno local

Obras de contención e reposición do firme no Camiño da Cascalleira, en Marín
Obras de contención e reposición do firme no Camiño da Cascalleira, en Marín / Concello de Marín

Comezaron esta semana os traballos de contención e de reposición do firme no Camiño da Cascalleira, en  Allaríz, na parroquia de Santomé de Piñeiro, segundo  incia o concelleiro Pablo  Novas, responsable de Medio Rural. 

O firme e a chaira atopábase en mal estado ao deteriorarse. Nesta obra acométese a construción dunha estrutura de contención e a formación dun novo firme máis ríxido, segundo indica o concelleiro, que se achegou ata a zona para comprobar os traballos. Ademais está previsto que se limpen as cunetas.

A obra foi adxudicada á empresa Construcións Caldevergazo por un importe de 37.268 euros, que se pagarán a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, segundo informa o goberno local de Marín.