A Xunta chama os afectados polas expropiacións no río Lameira

Marín
12 de abril 2022

O pavillón do Sequelo acolleu este luns a convocatoria de expropiación dos terreos afectados polas obras do colector xeral e a construción dunha senda peonil desde Coirados ata Ponte Zapal

Os afectados polas expropiacións no río Lameira acudiron ao pavillón do Sequelo Concello de Marín

O pavillón do Sequelo acolleu este luns a convocatoria de expropiación dos terreos afectados polas obras do colector xeral e a construción dunha senda peonil desde Coirados ata Ponte Zapal, unhas actuacións de mellora cuxo orzamento global ascende a 3,6 millóns de euros.

A Xunta proxecta no río Lameira unha profunda renovación como parte dun convenio de colaboración do  Concello de Marín con Augas de Galicia.

Renovarase o colector xeral nunha distancia de 1.600 metros, desde a súa orixe na estrada PO-313, a partir de onde o río vai canalizado ata a desembocadura.

Para levar a cabo estas obras é necesario ocupar de maneira definitiva 67 predios e outras 39 parcelas están afectadas de maneira temporal.