A Consellería de Infraestruturas acaba de iniciar os traballos previos ao proxecto de mellora e ensanchamento da estrada autonómica PO-230, entre as localidades cerdedenses de Serrapio e Vichocuntín, no que se investirán 600.000 euros para incrementar a seguridade vial dun tramo caracterizado pola súa estreitez e sinuosidade.
Esta obra, que precisou da consecución dunhas 25 fincas afectadas por esta estrada autonómica, que conecta o Concello de Campo Lameiro coa N-541 na aldea cerdedense de Vichocuntín.
Deste xeito, vaise actuar nun percorrido de 1.780 metros entre este punto e Serrapio, xusto no lugar en que a circulación desta aldea se desdobra ben cara Campo Lameiro ben cara Quireza.
Vaise ampliar a calzada ata os sete metros, rectificar algunhas curvas, construir muros de contención e revestir as gabias de seguridade.