Un total de 17 empresas veñen de presentar as súas ofertas para acometer as obras de reforzo de firme nas estradas de titularidade autonómica PO-235, PO-244 e PO-264, na comarca de Pontevedra, cun investimento de case 798.000 euros.
Esta intervención serán nos concellos da Lama, Ponte Caldelas, Soutomaior, Pontevedra e Vilaboa.
As actuacións nestas tres vías da rede secundaria de estradas da Xunta teñen como obxectivo prioritario a conservación das mesmas e incrementar a seguridade viaria, e as obras comprenden o reforzamento do firme e a rehabilitación da sinalización horizontal en varios treitos destas estradas.
Na vía PO-235 estenderase unha nova capa de rodaxe desde o inicio da travesía de Antas e a intersección coa estrada EP-0305, no Concello da Lama.
Na estrada PO-244, actuarase desde o seu inicio e ata o quilómetro trece, treito que pasa por Ponte Caldelas e Soutomaior. Tamén no proxecto se inclúe a limpeza de marxes e o repintado de beiravías.
Na da estrada PO-264, por último, no tramo correspondente aos concellos de Vilaboa e Pontevedra, realizaranse traballos de repintado entre Paredes -o seu punto inicial- e Ponte Sampaio, dous quilómetros máis adiante.