A Xunta e a Deputación continúan coa limpeza das estradas

Pontevedra
14 de xuño 2020

Tras a situación de alarma xerada pola COVID-19 e a progresiva reincorporación do persoal de infraestruturas, o goberno da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia xa teñen en marcha un novo plan de mantemento e limpeza de brozas no viario

Limpeza das estradas
Limpeza das estradas / Xunta de Galicia

Tras a situación de alarma xerada pola COVID-19 e a progresiva reincorporación do persoal de infraestruturas, o goberno da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia xa teñen en marcha un novo plan de mantemento e limpeza de brozas nos viarios.

Segundo informou a Deputación este domingo, trátase dun programa calendarizado que suporá ata fin de ano máis de 700 actuacións nas 371 estradas que dependen da institución. Así mesmo, deseñouse para garantir a seguridade do persoal, durante o confinamento e as fases de desescalada, e a exclusiva atención das emerxencias nos viarios provinciais.

Coa súa progresiva reincorporación, determinouse esta nova calendarización do traballo de mantemento e limpeza de brozas que xa se está a executar desde fai unhas semanas. 

O cronograma de actuacións, comunicado a cada concello e que será flexible atendendo a diferentes circunstancias, marca unha distribución territorial en tres areas de actuación na provincia: Zona Norte, Zona Centro e Zona Sur que, amais, dispoñen de brigadas específicas, polo que o coñecemento sobre o terreo é total.

Xunta de Galicia

Pola súa banda, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, xa comezou coas tarefas de acondicionamento nas franxas de dominio público en 30 vías autonómicas das catro provincias galegas para previr incendios e reforzar a seguridade viaria.

Segundo informou a Xunta, as actuacións que afectarán á comarca, desenvolveranse a partir do luns na PO-250, en Redondela e Ponte Caldelas; e na PO-241, en Ponte Caldelas.

As tarefas centraranse na retirada das especies máis propensas á propagación do lume, reducirase o uso de herbicidas, e acondicionaranse as zonas verdes e senllas peonís para que estean en condicións adecuadas.