A Xunta inicia as expropiacións para executar a senda peonil entre Bagüín e Seixo

Marín
10 de outubro 2019

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica este xoves no Diario Oficial de Galicia o Decreto polo que se declara en concreto a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para executar unha senda peonil e ciclista na estrada autonómica PO-551

Senda de Bagüín
Senda de Bagüín

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica este xoves no Diario Oficial de Galicia o Decreto polo que se declara en concreto a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para executar unha senda peonil e ciclista na estrada autonómica PO-551, no treito entre Bagüín e Seixo, no concello de Marín.

Esta actuación conta cun orzamento de máis de 700.000 euros, no que se inclúe o pagamento aos titulares das 40 fincas necesarias para executar esta actuación.

A Consellería prevé o levantamento de actas previas no último trimestre deste ano e a licitación das obras no primeiro de 2020.

Trátase da construción dun itinerario de 940 metros na marxe dereita da vía autonómica PO-551, no tramo entre a intersección á altura da Cova da Moa e a beirarrúa de Bagüín.

Esta actuación inclúe a mellora do acceso á praia de Aguete, ampliando a estrada para facilitar as manobras e contribuír a optimizar a mobilidade en condicións seguras.