A Xunta licita por preto de 6,3 millóns de euros a obra da senda Mollavao-Praceres

Pontevedra
09 de maio 2024

Este treito son 3,5 quilómetros de lonxitude de senda pola marxe dereita da PO-546, cun ancho que oscila entre os 2,5 e os 4 metros, que se complementará cun aparcadoiro, un miradoiro e un parque infantil

Presentación do proxecto da senda Mollavao-Os Praceres
Presentación do proxecto da senda Mollavao-Os Praceres / PontevedraViva

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, avanzou que este venres, día 10, sae a contratación por preto de 6,3 millones de euros a obra da senda que unirá Pontevedra con Marín, na coñecida como a estrada vella de Marín.

Na presentación da obra, realizada este xoves a pe da vía autonómica Mollavao-Praceres, Martínez Allegue sinalou que esta actuación ten como obxectivo "crear un novo eixo de mobilidade sostible", que mellorará a funcionalidade desta estrada "orientándoa tamén ao transporte público".

Este treito son 3,5 quilómetros de lonxitude de senda pola marxe dereita da PO-546, cun ancho que oscila entre os 2,5 e os 4 metros, que se complementará cun aparcadoiro, un miradoiro e un parque infantil. As empresas interesadas neste teñen ata o vindeiro día 5 de xullo para presentar as súas ofertas. 

Está previsto que as obras comecen en outono cun prazo de execución de 18 meses

A conselleira indociu que obrigarase a reducir a velocidade dos vehículos, grazas á glorieta que se construirá á altura do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán e que tamén está pensada para facilitar o cambio de sentido dos vehículos que proceden de Marín e que queren acceder ao aparcadoiro disuasorio.

A obra tamén inclúe a mellora das paradas de transporte público, a renovación da iluminación do treito e a construción de dúas pasarelas, unha de máis de 120 metros sobre o rego de Louriñas e outra de 45 metros sobre O Sartán.

Esta actuación que se licitará o venres se complementa coas obras xa executadas na mesma PO-546 tanto no treito urbano de Marín, coma en Estribela.

Por último, a conselleira salientou que esta actuación da Xunta completa un investimento de máis de 9 millóns de euros, ao abeiro dos fondos europeos FEDER 21-27.