A Xunta licitará no mes de abril as obras de mellora da estación de autobuses de Pontevedra

Pontevedra
20 de marzo 2014

A directora xeral de Mobilidade, Camino Triguero, anunciou este xoves que a Xunta licitará no mes de abril as obras de mellora da estación de autobuses de Pontevedra

Estación de autobuses
Estación de autobuses / Mónica Patxot
O BNG mostrou o seu escepticismo sobre a proposta /

A directora xeral de Mobilidade, Camino Triguero, anunciou este xoves que a Xunta licitará no mes de abril as obras de mellora da estación de autobuses de Pontevedra.

Carmen Triguero fixo estas manifestacións no transcurso da Comisión do Parlamento de Galicia na que o BNG preguntou polos proxectos para esta estación.

Entre as actuacións contempladas destacan a mellora da accesibilidade, a instalación de dous novos ascensores para o uso de persoas, con capacidade para 13 ocupantes cada un deles, ou que o acceso do público ao vestíbulo da estación na planta baixa realízarase a través de de dous cortaventos independentes do acceso principal e con barra antipánico de apertura.

E ademáis melloraranse as instalacións coa impermeabilización, a reparación das humidades existentes nos paramentos e o adecentamento e mellora xeral das instalacións.