A Xunta pon en dúbida a unificación das oficinas turísticas da Deputación e o Concello no Palacete das Mendoza

Pontevedra
11 de maio 2017

A directora xeral de Turismo, Nava Castro, amosou a súa sorpresa porque non se lle notificase ese traslado cando horas antes mantivera un encontro coa presidenta da Deputación, Carmela Silva 

Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas
Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas / Juan Mejuto

"Gustaríanme que foran ata alí para ver se están unificada", con esta frase a directora xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro, manifestaba as súas dúbidas sobre o funcionamento conxunto das oficinas turísticas da Deputación e do Concello no Palacete das Mendoza, na avenida de Santa María, a pesar do traslado do servizo municipal a ese edificio a finais de abril

A representante da Xunta mostraba a súa sorpresa por como se levou a cabo esa actuación que cualificou de "rapídisima" sen que se lle informara por parte da presidenta da Deputación a pesar de que mantiver un encontro con Carmela Silva horas antes dese anuncio.

Nava Castro indicou que Xunta de Galicia, Deputación e Concello levan case dous anos tentando unificar todas as oficinas no Palacete das Mendoza e por parte da administración autonómica atópanse á espera dunha resposta da asesoría xurídica do organismo provincial "por escrito" para que todas as oficinas de turismo compartan ese espazo.

A directora xeral de Turismo afirmou que se atopan á espera de asinar un acordo para que a unificación sexa real e reúna ás tres administracións de maneira que traballen conxuntamente para facilitar a información aos turistas.