A Xunta reparte 332.000 máscaras de protección entre as empresas da provincia

Pontevedra
20 de abril 2020

O goberno galego quere chegar a enviar esta semana ata dous millóns deste material de protección que será repartido a través das confederacións de empresarios, colexios profesionais e clusters

Núñez Feijóo nunha visita a un laboratorio
Núñez Feijóo nunha visita a un laboratorio

A Xunta de Galicia, a través das delegacións territoriais de Pontevedra e Vigo, está a realizar un reparto de 332.000 mascarillas entre as pequenas e medianas empresas da provincia.

En total, o goberno galego quere chegar a enviar esta semana ata dous millóns deste material de protección que será repartido a través das confederacións de empresarios, colexios profesionais e clusters.

Con esta medida, a Xunta pretende dotar do equipamento necesario ás empresas de cara a colaborar para que o persoal que volveu aos seus postos de traballo poidan contar co material necesario para garantir a súa seguridade sanitaria.

O material está a ser facilitado ao mesmo prezo ao que o adquire a Xunta. Adoptouse esta medida ante a imposibilidade de que moitas empresas e autónomos poidan conseguir o material de protección necesario no mercado e a un prezo adecuado.

Este material vense a sumar ao que xa se está a enviar, dende hai semanas, tanto a concellos como a residencias e entidades sociais.

Este sistema de distribución foi un dos puntos aprobados o luns, 13 de abril, no seo da quinta reunión do Centro de Coordinación Operativa, onde se indicou que o goberno galego subministrará máscaras ás empresas e os autónomos que o soliciten.

Este reparto de material de protección está chegando a sectores como o alimentario e as súas distribuidoras, a metalurxia, a construción, a enxeñería, a madeira, a pizarra e o granito, as enerxías renovables, as cooperativas agrarias, as centrais de chamadas, autónomos e comerciantes.

O reparto estase realizando desde a plataforma loxística da Xunta de Galicia, que é a que se ocupa de tódolos envíos de material que non ten que ver con centros médicos e hospitalarios.