A Xunta require a Cámara de Comercio que convoque ao Pleno de xeito extraordinario para aprobar a fusión

Pontevedra
21 de abril 2015

A convocatoria extraordinaria realizada pola secretaria xeral da Cámara, Charo Lorenzo, é para o próximo venres 24 de abril para que o Pleno da Cámara aprobe o protocolo de fusión, que o pasado día 25 de marzo de 2015, non foi posible. A devandita convocatoria élle requirida pola directora xeral de Comercio da Xunta de Galicia, Sol Vázquez, xa que, é imprescindible a aprobación da "maioría absoluta" dos membros do Pleno

Pleno da Cámara de Comercio de Pontevedra
Pleno da Cámara de Comercio de Pontevedra / Mónica Patxot

A Cámara de Comercio de Pontevedra convocou unha reunión extraordinaria do Pleno da entidade cun único punto na orde do día, a "aprobación definitiva do protocolo de integración institucional das Cámaras de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa, por proposta do Comité Executivo".

A convocatoria extraordinaria realizada pola secretaria xeral da Cámara, Charo Lorenzo, é para o próximo venres 24 de abril para que o Pleno da Cámara aprobe o protocolo de fusión, que o pasado día 25 de marzo de 2015, non foi posible.

A devandita convocatoria élle requirida pola directora xeral de Comercio da Xunta de Galicia, Sol Vázquez, xa que, é imprescindible a aprobación da "maioría absoluta" dos membros do Pleno.

Así, "co obxecto de iniciar este procedemento e continuar cos trámites seguintes", pola administración tutelante, para a creación dunha nova cámara por fusión, requírese que se convoque ao pleno.

No escrito, a directora xeral recomenda que "dada a transcendencia do proceso de fusión e a implicación doutras cámaras neste, se aconsella a présa na convocatoria do Pleno, sendo utilizado, se fose necesario, o mecanismo de convocatoria extraordinaria".