Aberto o aparcadoiro alternativo en Cantodarea con 100 prazas

Marín
02 de marzo 2019

Este novo espazo vai abrirse ao público este venres de cara a evitar problemas de aparcamento con motivo das obras que se levarán a cabo na rúa Concepción Arenal. Os propietarios do terreo ceden este espazo ao Concello durante dous anos prorrogables

Aparcadoiro alternativo en Cantodarea
Aparcadoiro alternativo en Cantodarea / Concello de Marín

 Cantodarea conta cun novo aparcadoiro alternativo acondicionado e gratuíto con ao redor de 100 prazas. Este venres abríase para ofrecer solucións neste tramo onde existe dificultade para atopar zonas de aparcadoiro. O goberno local de Marín teme, ademais, que esta situación poida agravarse polas obras de mellora de rúa Concepción Arenal.

Os propietarios do solar cederán este espazo durante dous anos, coa posibilidade de que se prorrogue no caso de que se considere necesario. Con este novo espazo permitirase ofrecer un servizo tanto ao barrio de Cantodarea como á barriada da Cañota.

O goberno de María Ramallo anuncia tamén que se está xestionando outra superficie na contorna da rúa República Arxentina e que permitirá outro espazo de aparcadoiro en caso de confirmarse. 

Segundo expón o Concello, ademais deste novo aparcadoiro, os espazos acondicionados en Marín que ofrecen prazas de aparcadoiro gratuítas en zonas céntricas son:

1 - Portuaria, cunha primeira fase de 234 prazas que se ampliou nunha segunda ata as 343 actuais.

2 - Ponte Zapal. 50 prazas.

3 - Barriada Virxe do Carmen, na contorna do Centro de Saúde, con 42 prazas.

4 - Campo de fútbol de San Pedro, Pavillón da Raña, Piscina municipal, con aparcadoiro  cion 90 prazas.

5 -  Apoarcamiento na rúa Inferniño. 40 prazas.

6 - En  Seixo en Doutor Otero Ulloa, habilitábase unha parcela para ao redor de 30 prazas de aparcadoiro.