Empezan as obras en Cantodarea

Marín
05 de abril 2019

Este venres deron comezo as obras da Rúa Concepción Arenal na fase que vai dende a Rúa José Trasande ata o límite con Pontevedra

Reforma da rúa Concepción Arenal
Reforma da rúa Concepción Arenal / Concello de Marín

Este venres deron comezo as obras da Rúa Concepción Arenal na fase que vai dende a Rúa José Trasande ata o límite con Pontevedra.

Nesta primeira actuación as obras comezan polo tramo dereito entre as rúas José Trasande e Sagrada Familia. 

Durante ese tramo de obra se vai prohibir o aparcamento nas dúas marxes durante as obras, para facilitar o tráfico, o tránsito de peóns e o desenrolo das obras, ao tratarse dun espazo totalmente urbano, con vivendas e locais comerciais.

Tamén se van a renovar as infraestruturas de servizos municipais, como a rede de abastecemento e a de saneamento, xa que debido á súa antigüidade, presentan mal estado de funcionamento, o que conleva a frecuentes roturas e filtracións na zona, polo que os servizos técnicos municipais consideraron necesario sustituir estas instalacións e retirar a tubería de fibrocemento existente na marxe dereita.

O aparcamento provisional realizado polo Concello está facilitando que máis de 100 coches poidan aparcar.

Esta actuación, ademais de solucionar os problemas de infraestructuras, daralle unha nova imaxe a esta rúa, ancheando as beirarrúas, facilitando que a xente poda pasear, xa que nalgúns tramos nin tan sequera existía espazo para dúas persoas ou unha cadeira de rodas.

Ademais facilitarase ás cafeterías a colocación dalgunha mesa no exterior, coa intención de que a xente quede no seu barrio, faga vida nel, merque no pequeno comercio, e en definitiva revitalizar a zona en beneficio de toda a veciñanza do barrio.