Aberto o prazo de solicitudes para participar na V Festa Corsaria

Marín
22 de xullo 2016

A festa pirata de Marín celebrarase os días 19 e 20 de agosto. Xa se poden solicitar permisos para ceas particulares e colocación de postos na rúa

IV Festa Corsaria de Marín
IV Festa Corsaria de Marín /

Marín prepárase xa para a que será a quinta edición da Festa Corsaria, na que espera seguir involucrando aos veciños.

A festa pirata celebrarase esta vez os días 19 e 20 de agosto, con postos instalados na Alameda Rosalía de Castro e o Parque Eguren.

O Concello habilitou o prazo de solicitudes para comidas e ceas particulares na rúa, así como para instalar postos de artesanía ou de locais de hostalería.

Como en anteriores edicións premiarase a mellor ambientación, con recompensa en metálico de 200 euros para o mellor local e tamén para a mellor mesa de particulares.

Ademais, segundo sinala o Concello, tratarán de aumentar a animación na rúa, cun programa cargado de actividades.