Aberto o prazo de matrícula para a Escola Municipal de Música de Cuntis

Umia
27 de agosto 2025
Actualizado: 12:49

O alcalde, Manuel Campos, quixo destacar o gran valor deste servizo, non só como unha proposta educativa, senón tamén como unha ferramenta crave para o desenvolvemento persoal e colectivo.

Escuela Municipal de Música de Cuntis

O Concello de Cuntis xa abriu o prazo de inscrición para o curso 2025/2026 da súa Escola Municipal de Música, un espazo que leva anos achegando a cultura musical a veciños de todas as idades.

O alcalde, Manuel Campos, quixo destacar o gran valor deste servizo, non só como unha proposta educativa, senón tamén como unha ferramenta crave para o desenvolvemento persoal e colectivo.

"A Escola de Música é un servizo público esencial que nos enche de orgullo. Non só forma a futuros músicos, senón que tamén transmite valores como a disciplina, o traballo en equipo e o amor pola cultura", sinalou o rexedor.

O prazo de matrícula estará aberto do 1 ao 17 de setembro de 2025.

A oferta formativa está pensada para todos os públicos, desde nenos e nenas a partir de 4 anos até persoas adultas. Impártense clases tanto individuais como en grupo, cunha ampla variedade de especialidades: Vento: Frauta, saxofón, clarinete, trompeta, trombón, tuba tenor. Corda: Guitarra española, baixo eléctrico, guitarra eléctrica. Percusión e teclado: Piano e percusión. E por suposto, clases de linguaxe musical e actividades en conxunto.

Campos tamén destacou o poder da música como motor de cohesión social "ver aos mozos e mozas gozar e aprender xuntos é a mellor proba do éxito deste proxecto. A música une xeracións e fortalece a nosa comunidade. Seguiremos apostando firmemente por ela", afirmou.

Para máis información ou para formalizar a matrícula as persoas interesadas poden acudir á OMIX de Cuntis ou ás oficinas do Concello. Tamén chamando aos teléfonos 986 53 36 00 ou 687 49 75 91 ou enviar un correo electrónico a omix@concellodecuntis.es.