Abre a feira de artesanía e deseño Chalana con postos de venda e demostracións de teceduría artesá

Pontevedra
19 de xullo 2023

Todos os días da feira, ata o 6 de agosto, haberá demostracións en vivo de traballos de teceduría artesanal con tear a cargo do Taller 'Cuaderna Maestra' de Pontevedra, con María José Lois á fronte

Feira de Artesanía e Deseño Chalana 2023
Feira de Artesanía e Deseño Chalana 2023 / Cristina Saiz

Este mércores 19 de xullo abrían as trece casetas, a maioría de artesáns galegos, que forman a feira de artesanía e deseño Chalana no Paseo Antonio Odriozola de Pontevedra.

Na súa 16 edición, esta cita co produto artesán é xa unha cita xa tradicional nas Festas do Verán.

A concelleira María José Abilleira visitaba os diferentes postos e daba a benvida por parte do Concello aos artesáns.

A edil manifestaba a importancia desta feira. "Ademais de poñer en valor os produtos propios da artesanía, tamén poñen en valor o lugar e os sitios onde se desenrolan, nos centros das vilas e nos centros das cidades".

Este percorrido facíao acompañada de Xosé Tristán, pertencente a Asociación Deseño Atlántico, a organizadora de Chalana. Tristán afirmaba que "esta feira funciona moi ben, os artesáns marchan moi contentos, incluso hai lista de espera". 

A Feira de Artesanía e Deseño Chalana estará aberta do 19 de xullo ao 6 de agosto en horario de 11.00 a 14.00 h e de 19.00 a 22.00 h.

Todos os días da feira haberá demostracións en vivo de traballos de teceduría artesanal con tear a cargo do Taller 'Cuaderna Maestra' de Pontevedra, con María José Lois á fronte. 

ARTESÁNS EN CHALANA

  • Amorei (xoiería de Arcade)
  • Llue Vidrio (vidro de Asturias)
  • Xacarandá (taller de xoiería de Pontevedra)
  • Mario López (xoiería cerámica de Vigo)
  • Cuaderna Maestra (teceduría de Pontevedra)
  • Os Alegres (obradoiro de instrumentos tradicionais de Mourente)
  • Montse Betanzos (coraleira do Grove)
  • Chueco (traballo co coiro da Coruña)
  • Magma (reciclado de botellas de Pontevedra)
  • Coiro Tres Pés (traballo co coiro de Campañó)
  • Aloe Plant (cosmética artesá desde Almería)