A Asociación de Amigos da Pontevedrada (ASAMPO) abre este luns, 1 de febreiro, o prazo de inscrición voluntaria para participar na sexta edición da 'Pontevedrada'.
A marcha solidaria, que o pasado ano reuniu a máis de 700 persoas, ten como obxectivo concienciar á poboación da importancia que ten a doazón altruísta de sangue, órganos e tecidos.
Do mesmo xeito que en edicións precedentes, completarase unha marcha nocturna e ininterrompida polo Camiño Portugués desde Pontevedra a Santiago de Compostela, un total de 63 quilómetros.
Os interesados en anotarse poden facelo a través do mail [email protected], enviando un whatsapp ou chamando aos teléfonos 619 566 303 e 620 821 567.
A sexta 'Pontevedrada' celebrarase o vindeiro sábado 30 de abril, arrincando da Praza da Ferrería ás 20:00 horas.