Abre as súas portas a Escola Infantil de Seixo

Marín
16 de setembro 2016

Conta cunha capacidade máxima de 41 prazas e arranca con 35 alumnos matriculados

Xornada de portas abertas na escola infantil de Marín-Seixo
Xornada de portas abertas na escola infantil de Marín-Seixo / Xunta de Galicia

A escola infantil de Marín-Seixo comezou este venres o curso 2016-2017, cunha xornada de portas abertas para pais e alumnos á que asistíu o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, acompañado pola alcaldesa de Marín, María Ramallo. 

Este centro, integrado na rede autonómica "Galiña Azul", dispón dun máximo de 41 prazas (3 unidades). 

Inicia a súa andaina con 35 nenos matriculados, dos que 1 é un pequeno de 0 a 1 anos; 15, son alumnos de 1 a 2 anos; e 19, de 2 a 3 anos. 

A eles hai que sumarlles 6 nenos máis, matriculados no período extraordinario de setembro, que iniciarán o curso o próximo 17 de outubro, co que se completará a capacidade máxima da escola.