Abre en Cuntis un centro especializado en terapias para persoas con demencia

Umia
21 de marzo 2023

Este martes abriu en Cuntis un novo Servizo de Estimulación Terapéutica para persoas con demencia, un proxecto levado a cabo polo Concello xunto a AGADEA Alzhéimer

O alcalde de Cuntis xunto a Sonia Castro na inauguración do centro
O alcalde de Cuntis xunto a Sonia Castro na inauguración do centro

Este martes abriu en Cuntis un novo Servizo de Estimulación Terapéutica para persoas con demencia, un proxecto levado a cabo polo Concello xunto a AGADEA Alzhéimer. O centro conta cun horario de 16:30 a 19:30 horas os luns, mércores e venres.

Os seus servizos están destinados a persoas maiores cunha deterioración cognitiva, así como a persoas con demencia neurodexenerativa. O obxectivo destas terapias é atrasar o máximo posible os danos que provocan estas enfermidades traballando a memoria, a orientación e a linguaxe, explican desde o Concello.

O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, destacou a importancia destes centros na localidade para que as persoas que o necesiten reciban axuda e "manteñan durante o maior tempo posible a súa calidade de vida". Doutra banda, a responsable de AGADEA na zona, Sonia Castro, asegurou que este tipo de terapias son unha forma de "levarlle a dianteira á demencia".

Desde AGADEA informan de que o día 23 de marzo levarase a cabo a charla Ferramentas de apoio na xestión persoal de persoas con demencia, que forma parte dun ciclo de talleres que ten como fin "coidar ao coidador", e que se estenderán durante o mes de abril.