Ata o 20 de marzo estará aberto o prazo de licitación para todas aquelas empresas construtoras que estean interesadas en presentar ofertas para executar as obras de rehabilitación previstas na antiga reitoral de Santa Cristina de Cobres.
Este inmoble foi adquirido pola comunidade de montes ao Arcebispado de Santiago en 2015 e tras a súa rehabilitación dedicarase a viveiro de empresas.
Trátase da rehabilitación integral dun edificio do século XVIII, catalogado no inventario de Bens de Interese Cultural, e o proxecto escolleuse nun concurso de ideas no que resultou gañador o estudio de arquitectura Arquetipos de Vigo.
No seu día, o jurado deste concurso valorou especialmente a "actitude respetuosa da intervención", mantendo a volumetría e estrutura orixinal da reitoral, así como o "prevalecemento do carácter íntimo deste tipo de arquitectura".
A "acertada" entrada de luces laterais na cuberta, e o aproveitamento da parte baixa desta, aportan así mesmo unha "orixinal solución" que complementan o uso e necesidades da intervención proposta.
As empresas que desexen presentar ofertas deberán solicitar a documentación a través do correo electrónico [email protected] e unicamente se facilitará a documentación por vía electrónica.
Este proxecto de rehabilitación vai ser presentado para o financiamento das obras ás axudas convocadas pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, a través do GDR Pontevedra-Morrazo.