O Concello de Pontevedra abriu o prazo para a presentación de candidaturas aos Premios Cidade de Pontevedra 2020.
Desde este sábado e ata o 5 de xaneiro as persoas, asociacións, entidades ou colectivos interesados poderán presentar as súas propostas no rexistro municipal.
Segundo lembra o Concello, estas propostas deberán levar unha memoria xustificativa que explique os méritos dos designados.
Como é habitual os Cidade de Pontevedra contarán con dúas categorías, persoa física e persoa xurídica, valorando o xurado o labor desenvolvido polos candidatos especialmente no último ano e a proxección de Pontevedra ou dos pontevedreses derivado diso.
Os galardóns serán entregados o próximo 20 de xaneiro nun pleno municipal extraordinario, coincidindo co día de San Sebastián, patrón da cidade.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.