Desde este luns 16 de xuño xa se poden solicitar espazos para xantares e ceas, para montar no mercado medieval ou para a hostalaría do centro histórico durante a Feira Franca 2025.
Poderá facerse na Oficina da Feira Franca, que a Concellaría de Festas abre desde este luns nas dependencias do departamento de Cultura no Teatro Principal, na rúa Don Filiberto.
A Oficina da Feira Franca estará aberta até o 16 de xullo. A atención ao público será de 10 a 14 horas.
Esta nova edición da Feira Franca celebrarse este ano na fin de semana do 5 e 6 de setembro coa temática 'As meigas'.
As solicitudes poden presentarse presencialmente na citada oficina, pero tamén de xeito telemático a través dos formularios habilitados na web.
Para calquera dúbida tamén poden remitir un correo electrónico a [email protected].