Abren o prazo para presentar alegacións ao regulamento da venda ambulante en Bueu

Bueu
25 de xaneiro 2024

Esta normativa substitúe á que estaba vixente desde 2005. Segundo o goberno local permanecía obsoleta, para permitir as transmisións e regular a venda de excedentes do campo. O prazo para presentar alegacións ao novo texto finaliza o 6 de marzo

Mercado de venda ambulante en Bueu Concello de Bueu - Arquivo

O Boletín Oficial da Provincia recolle publicada a modificación do regulamento de venda ambulante, aprobado inicialmente polo Concello de Bueu. 

A partir de agora establécese un prazo de trinta días, ata o 6 de marzo, para que as persoas ou colectivos que o desexen presenten alegacións a este novo texto, que se atopa a disposición a través do taboleiro de anuncios da Sede electrónica do Concello.

Este novo regulamento substitúe ao de 2005 coa intención de adaptarse á lexislación actual, segundo manifesta Sivia Carballo, concelleira de Promoción Económica e Turismo.

A proposta se consesuaba desde o goberno local coa Asociación de Vendedores e Vendedoras Ambulantes e regula as transmisións e a venda de excedentes do campo, demandadas por este colectivo.

Desde o Concello indican que co novo texto buscan solucionar algúns dos problemas detectados durante os últimos anos, sobre todo en relación a axilizar os procedementos administrativos para autorizar a venda e as transmisións entre vendedores e compradores.