Accidente mortal dun traballador nunha fábrica de conservas en Ribadumia

O Salnés
28 de febreiro 2025
Actualizado: 19:25

Segundo informa o Centro de Atención de Eemergencias 112 Galicia o operario faleceu tras quedar atrapado nunha máquina. Ocorreu ao redor das 13.00 horas deste venres

Servizos de emerxencias na conserveira Servizo de Emerxencias

Triste suceso nunha fábrica de conservas situada en Ribadumia.

Un traballador perdeu a vida nun accidente laboral acontecido este venres 28 de febreiro nas instalacións da conserveira, no pológono industrial desta localidade.

Segundo informa o Centro de Atención de Eemergencias 112 Galicia o operario faleceu ao quedar atrapado nunha máquina.

O 112 recibiu a chamada de alerta ás 13.10 horas da tarde.

Solicitaba asistencia urxente para o traballador, que se atopaba atrapado nun transelevador.

A pesar da rápida intervención dos equipos de emerxencia, non puideron facer nada por salvalo, só podendo confirmar o seu falecemento.

Os bombeiros encargáronse das tarefas de liberación da vítima.

No operativo de emerxencia participaron efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil, os Bombeiros e voluntarios de Protección Civil de Ribadumia.