Aceptamos polbo como sabor de xeado

Marín
31 de agosto 2018

Este venres as xeaderías A Ibense de Pontevedra presentaron na Alameda de Marín un produto "innovador e pouco común", xa saben: o xeado de polbo

Xeado de Polbo

Aínda que non parece moi lóxico presentar un xeado cando acaba o verán tampouco o parece que o sabor elixido sexa o polbo, pero quen sabe.

Este venres as xeaderías A Ibense de Pontevedra presentaron na Alameda de Marín un produto "innovador e pouco común", xa saben: o xeado de polbo.

A xerente da empresa, Pilar Moledo, atendeu a petición dos dirixentes de Asociación de Comerciantes e Industriais de Marín de crear este peculiar sabor de xeado para a próxima Festa do Polbo de Marín que organiza ACIMA os días 6,7 e 8 de setembro.

Quen se achegou á presentación deste doce no Palco da música da Alameda, puideron gozar do xeado sinalando que resulta "riquísimo" e ideal para unha mañá asollada como a deste venres, especialmente á hora do aperitivo.

Para todos aqueles que non puideron acudir, aínda poden probalo na próxima Festa do Polbo de Marín.

 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora