A Policía Local de Pontevedra denunciou un conductor por alcoholemia positiva e consumo de drogas, cando se achegou á Xefatura a reclamar o seu teléfono perdido nun bar da cidade, onde causara un altercado.
Segundo informou o Concello de Pontevedra, estes feitos ocorreron o pasado luns sobre as once e cuarto da noite cando unha camareira dun bar avisou á Policía Local porque un cliente non lle quería pagar e estaba a poñerse agresivo con ela, tal e como recolle o parte policial.
Mentres os axentes se trasladan, a muller consegue pecharse no local deixando fóra ao cliente.
Ao chegar os policías xa non atopan á persoa pero levan para a Xefatura o teléfono móbil que deixara no bar.
Sobre medianoite, o cliente achegouse á Xefatura da Policía Local, nos baixos do Pazo da Cultura, para reclamar o seu teléfono. Ao percibir o seu estado, os axentes preguntáronlle por que medio se trasladou á oficina municipal e recoméndanlle que non volva a coller o coche.
O condutor non fixo caso polo que foi denunciado por dar positivo en alcol e en drogas. O coche foi retido e el denunciado.