Activistas tentan obstaculizar o campionato provincial de caza de raposos

Cerdedo Cotobade
12 de xaneiro 2019

Representantes de colectivos animalistas e ecoloxistas protestan este sábado contra a celebración do campionato organizado pola Federación Galega de Caza en  Cededo-Cotobade

Activistas tratan de obstaculizar o campionato de caza de raposo en Cerdedo-Cotobade PACMA

A súa celebración estaba envolvida de polémica desde hai días, e este sábado, na data escollida para o seu desenvolvemento, non ía ser menos.

Activistas de diversos colectivos animalistas e ecoloxistas tentaron obstaculizar o campionato provincial de caza de raposos nos montes de Cerdedo-Cotobade.

Segundo sinalou o partido PACMA, á primeira hora do día "os activistas conseguiron escorrentar aos raposos coas súas bucinas e evitado que calquera animal sexa cribado polas balas dos cazadores". Ademais compartiron varios vídeos da protesta.

Trátase dunha actividade, o XXVI Campionato Provincial de Raposo de Pontevedra, envolvido en polémica desde o seu anuncio, con críticas entre outros do deputado do BNG Luís Bará ou do colectivo Adega. Ademais a Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber dirixiron un escrito á Subdelegación do Goberno pedindo que se garantise a seguridade e integridade das persoas que queiran participar de protestas.

O campionato de caza está organizado pola Federación Galega de Caza e conta coa colaboración de Xunta, Concello de Cerdedo-Cotobade, a empresa Ence e as sociedades de caza de Cerdedo, Cotobade e Coirego.