A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) inaugurou este venres na Praza de Ourense de Pontevedra a exposición itinerante coa que conmemora a súa 50 aniversario: '50 anos coidando a terra'.
A mostra, composta por dezaseis paneis distribuídos en catro cubos, percorre a extensa traxectoria de ADEGA e as súas mobilizacións máis emblemáticas ao longo de medio século de defensa ambiental.
A través de imaxes e textos, a exposición ofrece un percorrido didáctico pola historia da organización e polos principais desafíos ambientais aos que se enfrontou Galicia nas últimas cinco décadas, destacando a loita contra as verteduras contaminantes, os incendios forestais, a defensa do territorio fronte á especulación urbanística e os macroproyectos industriais.
A inauguración contou coa presenza de María R. Lafuente, membro da directiva de ADEGA, quen quixo agradecer a asistencia e o respaldo da Asociación para a Defensa da Ría de Pontevedra (APDR), Salvemos o Lérez (plataforma veciñal contra a A-57), Amil sen eólicos e de diversos representantes institucionais como o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, as concelleiras Eva Vilaverde e María Xosé Abilleira, a senadora Carme da Silva, o edil socialista Marcos Rey, e o secretario técnico de ADEGA, Fins Eirexas.
María Lafuente subliñou o espírito reivindicativo e o compromiso educativo da asociación, recoñecendo o "orgullo" por "todo o traballo realizado, desa gran parte reivindicativa e da parte de educación ambiental tamén. Temos unha longa traxectoria e un longo traballo", afirmou.
Pola súa banda, o rexedor subliñou que "esta é unha historia longa de loitas, de loitas gañadas, de loitas perdidas e de loitas que continúan", sinalando que, de face ao futuro, "hai moitísimo que facer, debemos seguir traballando pola calidade ambiental e o modelo de cidade sostible que defendemos".
A exposición, que xa pasou por municipios como Carballo, Muros, Arzúa e Santiago, permanecerá uns días en Pontevedra antes de continuar o seu percorrido por Galicia.
A mostra irá acompañada por actividades como unha versión adaptada para sete centros centros educativos, nos que se impartirán charlas ao redor do movemento ecogologista galego; mesas redondas e a proxección dun documental conmemorativo.

Exposición que conmemora os 50 anos de ADEGA