Adif adxudica a subministración de equipos para a posta en servizo da subestación eléctrica de tracción de Tomeza

Pontevedra
25 de febreiro 2021

O equipamento da subestación supoñerá un investimento lixeiramente superior aos 6 millóns de euros (IVE incluído). A instalación de Tomeza funciona actualmente como centro de autotransformación para a alimentación eléctrica do Eixo Atlántico

Subestación eléctrica de tracción de Tomeza
Subestación eléctrica de tracción de Tomeza / Adif

O Consello de Administración de Adif Alta Velocidade aprobou na súa última reunión a adxudicación do contrato de subministración dos equipos necesarios para a posta en servizo da subestación eléctrica de tracción de Tomeza, para a alimentación eléctrica do Eixo Atlántico A Coruña-Vigo.

O contrato foi adxudicado á UTE formada por Lantania e Construcións Instalación e Tracción por 6.030.194 euros (IVE incluído). En virtude deste contrato se reequipará a instalación existente en Tomeza, que actualmente funciona como centro de autotransformación, para a súa conversión en subestación eléctrica de tracción.

A actuación tamén afecta á zona neutra asociada de catenaria no tramo e inclúe a posterior posta en servizo dos novos elementos, mediante a reconfiguración dos sistemas de control e a súa integración nos correspondentes postos de mando.

O reequipamiento necesario da instalación de Tomeza inclúe elementos como seccionadores, interruptores, transformadores, autoválvulas, cableado, elementos de telemando e unidades de protección e control, así como a liña de alta tensión de interconexión con Rede Eléctrica de España (REE) e as probas pertinentes.

Ademais, o contrato tamén comprende a reconfiguración dos sistemas de control e integración destes sistemas nas áreas eléctricas colaterais, así como nos correspondentes postos de mando existentes, para o control e mando da instalación de Tomeza como subestación eléctrica de tracción.

Inclúe tamén os trámites administrativos e de legalización das instalacións diante dos distintos organismos, e a posta en servizo da subestación así como a subministración de materiais para a configuración da zona neutra en catenaria e a reconfiguración de elementos necesaria.