O ADN confirma a identidade dos cadáveres calcinados de Campo Lameiro e imponse a violencia machista

Campo Lameiro
10 de xuño 2025
Actualizado: 14:44

Dez días despois do achado dos corpos, os forenses confirmaron que se trata dunha parella de Moraña que levaba días desaparecida, el condenado por violencia de xénero

A Garda Civil investiga o achado de dous cadáveres dentro dun coche calcinado en Campo Lameiro

Dez días despois do achado de dous cadáveres calcinados nunha pista forestal do lugar de Caneda, na parroquia de Morillas, en Campo Lameiro, o ADN permitiu identificar a identidade dos corpos.

Fontes oficiais da Garda Civil confirmaron a PontevedraViva que, finalmente, están plenamente identificados e trátase dun home e unha muller, ambos parella e veciños de Moraña.

Trátase de José Ramón G.S, de 50 anos, e Marisol C.P., de 49, que levaban desaparecidos desde uns días antes do achado dos corpos, ela dentro dun coche tamén calcinado e el a escasos metros.

É xusto a parella cara á que miraban todas as investigacións desde o primeiro dia, aínda que até agora non puidera confirmarse a súa identidade dado o elevado estado de deterioración dos corpos polo impacto do lume.

Unha vez que o servizo de Criminalística da Garda Civil confirmou, a través das probas de ADN, a quen corresponden os corpos localizados o 31 de maio, poderase continuar coas dilixencias de investigación para aclarar o ocorrido.

En todo caso, confirmado xa quen son, xa se confirma a hipótese principal da investigación, que se trata dun crime por violencia machista.

A Subdelegación do Goberno en Pontevedra indicou este martes que a investigación continúa e seguen abertas todas as hipóteses, pero PontevedraViva puido saber que agora xa só hai unha hipótese sobre a mesa: a violencia de xénero.

O home fora condenado en dúas ocasións por violencia machista e os investigadores sospeitan que matou á súa parella calcinada dentro dun coche e logo acabou coa súa vida.

A parella levaba días desaparecida cando apareceron os cadáveres. A súa desaparición estaba denunciada e a Garda Civil localizoulles en Bóveda, en Lugo. A pesar de que foi detido el quedou libre e supuetamente regresaron a Pontevedra e acabou coa súa vida en Campo Lameiro. Isto, de momento, son as súas hipóteses, non feitos confirmados.