Adxudicada a obra de demolición do antigo Mercado de Cantodarea

Marín
23 de decembro 2021

Investiranse máis de 116.000 euros nesta actuación, con cargo ao remanente de Tesourería

Edificio ruinoso do antigo Mercado de Cantodarea
Edificio ruinoso do antigo Mercado de Cantodarea / Concello de Marín

A Xunta de Goberno local aprobou esta semana a adxudicación do proxecto de demolición do antigo mercado de Cantodarea, un exemplo de feísmo neste barrio marinense, ao tratarse dunha construción medio derruida que, coa súa desaparición, permitirá mellorar a estética xeral do espazo.

A construción deste edificio prantexouse en 1964 para Mercado de Abastos. Consta dunha planta de baixo rasante, unha planta baixa e outra alta. A estrutura está formada por muros de formigón e piares, con vigas de gran canto e losas.

A obra será realizada pola empresa EC Casas por un importe de 116.666 euros, unha inversión que se realizará con cargo ao remanente de Tesourería co que conta o Goberno local, que se está a repartir en distintas actuacións relevantes para a vila marinense, como a reforma do primeiro andar da Casa do Mar para convertela nun Centro de Día ou a pavimentación de Ponteporto.

Este proxecto suporá un importante cambio na imaxe desta parte de Cantodarea, xa que coa demolición do antigo Mercado iniciarase un proceso de urbanización e embelecemento da parcela. Dada a parte de sótano que ten o edificio, será preciso realizar en recheo para chegar á altura da beirarrúa.