Adxudicada a segunda fase das obras de humanización de Concepción Arenal

Marín
30 de setembro 2019

Os traballos na primeira fase están practicamente rematados, xa que esta semana finalizaron as labores de pavimentación da estrada

Pavimentación da primeira fase da rúa Concepción Arenal
Pavimentación da primeira fase da rúa Concepción Arenal / Concello de Marín

A Xunta de Goberno local do Concello de Marín aprobou recentemente a adxudicación da segunda fase das obras de humanización da rúa Concepción Arenal, no tramo que vai desde a Rotonda das Anclas á rúa José Trasande. Esta adxudicación chega coa primeira fase do proxecto practicamente finalizada, dado que a pasada semana os operarios estiveron rematando cas labores de pavimentación da estrada.

A empresa que se encargará de levar a cabo a segunda fase é Oresa SL. O custe global da actuación será de 653.423 euros e, tal e como sucedeu ca primeira fase, contarase co financiamento da Axencia Galega de Infraestruturas, depende da Consellería de Infraestruturas da Xunta de Galicia.

O prazo de execución dos traballos será de seis meses, a contar desde a comprobación do replanteo.

O Concello considera moi importante o desenvolvemento deste proxecto, dada a situación tan central no núcleo urbano que ten esta rúa e pola importancia de desconxestionar a carga de tráfico diaria que soporta, mellorando o ancho dos carrís, e mellorando o espazo público dos peóns, gañando tamén metros para as beirarrúas. Isto conseguese ca supresión dunha das liñas de aparcadoiros.

O obxectivo tamén é o de mellorar a parte interna, é dicir, todo o que ten que ver cos sistemas de abastecementos, que xa se atopaban nun estado de conservación malo, debido ao paso do tempo, e que xeraban moitos problemas de avarías.