Marín restrinxirá o tráfico en Concepción Arenal e Avenida de Ourense polas obras

Marín
16 de decembro 2019

Ambas as estradas, que conectan a vila marinense con Pontevedra, recuperarán o venres a normalidade. A substitución do colector da Avenida de Ourense ten previsto o seu final para o primeiro trimestre do 2020 e as obras en Concepción Arenal retomaranse despois de Reyes

Obras na avenida de Ourense
Obras na avenida de Ourense

As obras que se están executando nas rúas Concepción Arenal e Avenida de Ourense, en Marín, provocarán restricións e cortes de tráfico durante esta semana. 

A rúa José Trasande permanece cortada ao paso de vehículos desde este luns. Este vial estaba a ser empregado como acceso á avenida de Ourense para aqueles condutores procedentes de Pontevedra polo corte de cálea Concepción Arenal. Agora os técnicos ven obrigados a cortar tamén esta rúa para unor os tramos das fases uno e dúas de Concepción Arenal.

O corte manterase ata o día 20, polo que a circulación en ambos os sentidos regularase por semáforos. Logo volverase a circular con normalidade ata o día de Reyes, cando se retomarán os traballos.

No caso da Avenida de Ourense, na que se está realizando a obra de renovación do colector cuxo final está previsto para o primeiro trimestre do 2020, os traballadores necesitan realizar unha conexión á altura do Concello polo que é preciso desviar un leve desvío do tráfico. Aqueles condutores procedentes de Pontevedra que queiran virar cara á rúa Estrada, terán que continuar ata a rotonda da Praza de España para realizar un cambio de sentido na rotonda e virar logo cara a este vial. O tráfico reabrirase o venres con normalidade.