Adxudicadas as obras para construír o novo centro de saúde de Vilagarcía

O Salnés
16 de novembro 2024

A Xunta de Galicia investirá 17.837.094 euros a execución do novo centro de saúde. O contrato, avanzan asinarase en decembro co obxectivo de iniciar as obras a comezos de 2025

Futuro centro de saúde de Vilagarcía
Futuro centro de saúde de Vilagarcía / Xunta de Galicia

O novo centro de saúde de Vilagarcía de Arousa está cada evez máis preto de converterse en realidade.

A Xunta de Galicia anunciou a adxudicación das obras de construción do centro asistencial por unha cantidade de 17.837.094 euros.

As obras foron adxudicadas á Unión Temporal de Empresas Seranco, S.A.U-Proyecon Galicia, S.A, baixo a responsabilidade da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas.

Avanza o goberno autonómico que a intención é asinar o pertinente contrato este mes de decembro co obxectivo de iniciar as obras a comezos de 2025.

As novas instalacións sanitarias ocuparán unha superficie construída de 8.300 metros cadrados e terán forma de dobre U, xerando dúas prazas abertas cara á cidade, cara á Avenida da Mariña e rúa Elpidio Villaverde, que servirán como nexo de unión coa zona portuaria.

No que se refire á distribución do edificio, o plan funcional establecido para o novo centro de saúde de Vilagarcía de Arousa prevé chegar ás 18 consultas de medicina xeral, catro máis que o actual centro de San Roque, ademais doutras 17 consultas de enfermaría, 6 consultas de pediatría e 5 de enfermaría pediátrica.

As instalacións contarán tamén con 2 consultas de odontoloxía, 2 de hixienista dental, 2 de fisioterapia, 1 de nutricionista, outra de psicoloxía, 1 consulta da muller, 2 de matrona, 1 de rehabilitación, 5 de docencia e 3 consultas polivalentes, ademais de salas de técnicas, de toma de mostras, de lactancia, de educación para a saúde ou de rehabilitación con 6 cabinas.

Pola súa banda a área da PAC disporá de dúas salas de espera independentes, área de respiratorios, 3 consultas de medicamento, 2 consultas de enfermaría, 1 de reanimación e 1 consulta de observación.