O Concello de Ponte Caldelas acaba de adxudicar o proxecto para a mellora integral do Paseo Manuel Cordo Boullosa á empresa Construcciones Fechi SL.
As obras suporán unha actuación integral neste paseo que dá acceso ao Paseo do Río e á praia fluvial de Ponte Caldelas e, segundo a información facilitada polo Concello, comezarán nos vindeiros días.
A obra suporá o cambio de dirección deste vial e contempla o fresado do actual pavimento, a pavimentación e compactación con aglomerado de 5 centímetros e a recolocación de todas as tapas de rexistro.
Ademais, procederase á instalación dun paso de peóns elevado; ao pintado da sinalización horizontais e á colocación de sinalización vertical.
Un total de catro empresas presentaron ofertas no concurso convocado polo Concello e finalmente adxudicouse á oferta máis vantaxosa por 14.648,99 euros, IVE non incluído