Afectados pola creba de Nexia: "Tomáronos o pelo e nolo seguen a tomar. Foi algo premeditado"

Pontevedra
27 de febreiro 2020

Unhas trescentas de empresas de Galicia, Asturias e o norte de Portugal, todas elas provedoras de Nexia Infraestruturas, decidiron unir as súas forzas e crear unha asociación de afectados pola quebra dunha construtora que, segundo denuncian, deixounas nunha situación económica moi delicada

Instalacións de Nexia en Marcón Nexia

Unhas trescentas de empresas de Galicia, Asturias e o norte de Portugal, todas elas provedoras de Nexia Infraestruturas, decidiron unir as súas forzas e crear unha asociación de afectados pola quebra dunha construtora que, segundo denuncian, deixounas nunha situación económica moi delicada.

A súa presidenta, Isabel Couso, asegura que a compañía con sede en Marcón (Pontevedra) debe uns oito millóns de euros a provedores e diferentes sociedades que, ante esta falta de pagamento, "vímonos arrastradas" pola crise da construtora, que mantén con todos eles "débedas moi altas".

O obxectivo desta asociación, segundo Couso, é denunciar ante as autoridades os "procedementos ilícitos desta xente", ao entender que "nos enganaron" para que seguisen traballando para eles "a pesar de que xa sabían cal era a súa situación".

"Tomáronnos o pelo e nolo seguen a tomar. Foi algo premeditado", denunciou a presidenta do colectivo de afectados, que reclama que os organismos públicos "nos axuden e nos tendan a man" para evitar que moitas outras compañías creben polas débedas que Nexia contraeu con elas e que "será moi difícil recuperar".

Nexia, que era unha das empresas máis coñecidas e reputadas no sector ata a data, cambiou recentemente de titulares, tanto a nivel de capital social como de administración. Explican os afectados que o seu anterior responsable, Pablo Valiñas, quen se presume fuxido a Panamá, "podería estar a constituír outras sociedades de similar obxecto social".

De feito, Isabel Couso desconfía que a sociedade que se fixo cargo dos activos da empresa e comprou o que queda de Nexia é unha "empresa pantalla" e acusou aos seus responsables de "provocar eles mesmos esta situación".

Ante esta crise, Nexia perdeu numerosos contratos públicos e, actualmente, non ten actividade algunha e os seus empregados foron dados de baixa "de oficio", segundo a presidenta do colectivo de afectados, e os seus novos xerentes "non dan a cara".

Moitas das empresas afectadas xa se organizaron e, máis dunha trintena, puxeron en marcha acciones xudiciais para reclamar "polas vías que procedan" a falta de pagamento e prexuízos que sufriron por traballar con Nexia. "Aquí hai moita tela aínda por cortar", advertiu a presidenta da asociación.