Agrovello e Cividanes súmanse á lista de camiños pavimentados no rural marinense

Marín
23 de agosto 2021

O concelleiro de Medio Rural de Marín, Pablo Novas, informaba este luns de que o plan de rehabilitación de camiños rurais que se estableceu para este 2021 avanza a bo ritmo, coa execución rematada en Cividanes e Agrovello, na parroquia de Mogor

Pavimentación do camiño rural de Agrovello, na parroquia de Mogor
Pavimentación do camiño rural de Agrovello, na parroquia de Mogor / Concello de Marín

O concelleiro de Medio Rural de Marín, Pablo Novas, informaba este luns de que o plan de rehabilitación de camiños rurais que se estableceu para este 2021 avanza a bo ritmo, coa execución rematada en Cividanes e Agrovello, na parroquia de Mogor.

Desde o Concello de Marín lémbrase que o mantemento das infraestruturas viarias no rural é un dos eixos nos que traballa o Goberno local, deseñando actuacións de mellora naqueles puntos nos que é máis preciso actuar e renovar espazos.

En total, neste plan realízase un investimento de preto de 180.000 euros, con cargo ao Plan Concellos 2021 da Deputación de Pontevedra.

O resto dos camiños nos que se actuará "están en proceso de limpeza previa" para que, a partir do 1 de setembro, sexa posible iniciar a pavimentación.

A lista completa de camiños que se beneficiarán deste plan son: Arealonga, Carballal, Camiño de San Blas - Aguete, Currás, Fixón, Silvestre-Troncosa, Miñán e Os Tombos.