Ainhoa Fervenza, elexida como candidata do PSdeG á alcaldía de Sanxenxo

Sanxenxo
10 de decembro 2022

A agrupación socialista apoiou por unanimidade a súa candidatura na asemblea celebrada este venres 9 de decembro. O sábado 17 vai presentarse formalmente esa candidatura de Fervenza nun acto previsto ás 20:00 horas no Pazo do Revel

Asemblea da Agrupación Socialista de Sanxenxo
Asemblea da Agrupación Socialista de Sanxenxo / PSdeG-PSOE

A candidata do PSdeG-PSOE á alcaldía do Concello de Sanxenxo será Ainhoa Fervenza Celestino, despois de que a agrupación socialista mostrase o seu apoio por unanimidade á súa proposta na asemblea celebrada este venres 9 de decembro.

Fervenza destacou a importancia desta unión e consenso da agrupación e confía en que esta característica permitirá chegar á agrupación socialista á alcaldía do municipio turístico. Desta maneira repite candidatura despois de liderar a lista socialista nas eleccións municipais de 2019, desde entón é portavoz municipal da agrupación na corporación municipal de Sanxenxo.

A presentación oficial da candidatura que liderará Ainhoa Fervenza realizarase nun acto previsto para o sábado 17 de decembro, ás 20.00 horas no Pazo do Revel.