Declarado o nivel 2 de alarma por un incendio preto das casas en Santa Cristina de Cobres

Vilaboa
21 de agosto 2025
Actualizado: 21:00

Detalla a Consellería que, ás 17:15 horas, atópanse traballando sobre o terreo 4 axentes, 4 brigadas, 3 motobombas e un helicóptero

Incendio en Santa Cristina de Cobres
Incendio en Santa Cristina de Cobres / Mónica Patxot

As alarmas saltaron este xoves en Vilaboa ao declararse un incendio en montes da parroquia de Santa Cristina de Cobres.

Segundo informou a Consellería do Medio Rural, o lume iniciouse ás 16.50 horas.

Inmediatamente desprazáronse ao lugar efectivos da loita contra os incendios.

Detalla a Consellería que se atopan traballando sobre o terreo 4 axentes, 6 brigadas, 6 motobombas e dous helicópteros.

Ademais, ata catro avións sumáronse ás tarefas de extinción desde o aire.

Á zona tamén se desprazaron bombeiros dos parques do Morrazo e Pontevedra, e efectivos de Emerxencias Vilaboa, a petición da Dirección xeral de emerxencias da Xunta de Galicia para colaborar na protección de núcleos de vivendas ante o lume declarado a primeiras horas da tarde.

Ás 19.48 activáronse os protocolos de nivel 2 como medida de protección á cidadanía debido á proximidade aos núcleos de poboación na zona de Vilar.

A gran columna de fume xerada polo incendio oes visible desde distintos puntos das rías de Pontevedra e Vigo.