Albares reúne en Pontevedra a ONG galegas e promete crear o estatuto do cooperante

Pontevedra
20 de xullo 2023

Será unha ferramenta, segundo explicou o ministro de Exteriores, para que aquelas persoas "que están dando lo mejor de sí mismas para ayudar a aquellos que más lo necesitan vean dignificada su carrera y tengan sus méritos reconocidos a la altura de lo que merecen"

Xuntanza do ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel Albares, con ONG galegas
Xuntanza do ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel Albares, con ONG galegas / Cristina Saiz

O ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, José Manuel Albares, mantivo este mércores en Pontevedra un encontro con ONG galegas, ás que prometeu impulsar o estatuto do cooperante.

Será unha ferramenta, segundo explicou Albares, para que aquelas persoas "que están dando lo mejor de sí mismas para ayudar a aquellos que más lo necesitan vean dignificada su carrera y tengan sus méritos reconocidos a la altura de lo que merecen".

Nesta reunión, o titular de Exteriores tamén puxo en valor a lei aprobada polo Goberno que fixa que o 0,7% da renda bruta de España "obligatoriamente" ten que ir destinadas ás axudas ao desenvolvemento.

"Esto ha puesto a la cooperación española a la altura de lo que demanda la solidaridad de la sociedad", subliñou José Manuel Albares.

Con respecto ás eleccións do domingo, Albares sostivo que é unha cita "crucial" para España e para Europa, ante a cal a "única papeleta" que pode garantir que España "siga en el centro" das políticas europeas e non acabe na "periferia" é a do PSOE.

Subliñou que os socialistas "somos los únicos que podemos poner freno a la derecha radicalizada y a una ultraderecha que nos llevaría a la periferia europea con ideas marginales".

Só o PSOE, insistiu o ministro, "garantiza que España no involucione", polo que fixo un chamamento aos cidadáns "sensatos y moderados" para que voten por Pedro Sánchez "si no quieren ver ministros de la ultraderecha".