Albia abre o seu propio tanatorio en Pontevedra

Pontevedra
09 de outubro 2020

Pontevedra suma un novo tanatorio á súa oferta funeraria. Trátase das instalacións que Albia construíu na avenida de Montecelo, en Mourente. É o décimo tanatorio que esta compañía abre na provincia pontevedresa

Tanatorio de Albia en Pontevedra Albia

Pontevedra suma un novo tanatorio á súa oferta funeraria. Trátase das instalacións que Albia construíu na avenida de Montecelo, en Mourente. É o décimo tanatorio que esta compañía abre na provincia pontevedresa.

O novo edificio consta de dúas plantas. Na principal haberá catro salas de velación, tres salas de atención ás familias, unha zona de despedida, expositores de flores e urnas, unha zona de vending e un espazo multiconfesional, equipado para cerimonias personalizadas.

No soto, pola súa banda, estarán os espazos destinados á propia operativa funeraria, como o garaxe, a sala de tanatopraxia ou a zona de traballo floral.

Ademais, o tanatorio terá a capacidade de organizar cerimonias en streaming e conta cun aparcadoiro cuxo uso está reservado para as familias.

O inmoble foi deseñado por un equipo de arquitectos que apostaron polos tons claros, a presenza de ornamentos vexetais e un mobiliario cómodo e funcional.

O tanatorio ten ademais un completo sistema de domótica que permitirá ás familias personalizar a súa estancia no centro a través do control de parámetros como a iluminación, a climatización, o fío musical, a ventilación ou a aromatización. 

Este centro en Pontevedra súmase aos 253 centros funerarios, 122 tanatorios, 34 crematorios e 20 cemiterios, entre outros equipamentos, que xestiona Albia en España.