Alerta temperá da Brilat sobre 22 incendios ou conatos en dúas semanas

Pontevedra
29 de xullo 2016

O mando da operación Sentinela Galego corresponde ao xeral xefe da Brilat, José Luis Cebrián Carbonell e, en cumprimento do mesmo, este xoves visitou a área Falcón, en Ourense, na que se atopan despregadas 11 patrullas en dúas bases e unha célula de seguimento composta por 10 persoas

Visita do xeneral Cebrián á área Halcón da operación Centinela Gallego en Ourense
Visita do xeneral Cebrián á área Halcón da operación Centinela Gallego en Ourense / BRILAT OC

A Brigada de Infantería Lixeira (Brilat) deu alerta aos servizos de extinción de incendios da Xunta de Galicia dun total de 22 lumes nos montes da provincia de Ourense durante as dúas últimas semanas, o tempo que leva activa a operación Centinela Gallego de prevención de incendios forestais. 

A operación integra tanto a militares da Brilat como do Terzo Norte de Infantería de Mariña e está despregada cun nivel de alerta inicial de 25 patrullas, podendo aumentarse o número en función do nivel de esforzo. Desas 25 iniciais, 20 son da Brigada de Figueirido e cinco do Terzo Norte, con sede en Ferrol. Os efectivos pontevedreses son os que están ao cargo da vixilancia dos montes pontevedres e ouresenanos, por iso é polo que sexan os que deron a alerta deses 22 lumes.

Segundo informou a Brigada a través dun comunicado, nestes 15 días realizaron 13 avisos por conatos e outros nove por incendios na que se bautizou como área Halcón da provincia de Ourense, dando así cumprimento a un dos obxectivos que lle asignaron na súa misión: a alerta temperá sobre lumes forestais. Ademais, o seu labor é a disuasión da actividade incendiaria coa súa presenza nos montes e unha prevención eficaz. 

O mando da operación Centinela Gallego corresponde ao xeral xefe da Brilat, José Luis Cebrián Carbonell e, en cumprimento do mesmo, nos últimos días realizou visitas ás distintas áreas do dispositivo. A última realizouna este xoves 28 de xullo á área Halcón, que comprende os concellos de Chandrexa de Queixa, Manzaneda, Pobra de Trives, Vilariño de Conso, Laza, Viana do Bolo, A Gudiña, Riós e A Mezquita e na que se atopan despregadas un total de 11 patrullas en dúas bases, así como unha célula de seguimento composta por 10 persoas.

Durante esta visita, reuniuse co xefe de área, que lle detallou as particularidades da zona e destacou a estreita colaboración que manteñen cos Corpos e Forzas de Seguridade, así como con todo o mecanismo de prevención de incendios forestais.

O intercambio de información e coordinación é continuo, aumentando así a eficacia do mesmo. O xefe de área aseverou que cada ano auméntase a eficiencia do dispositivo, tanto polo maior coñecemento da zona como polo trato con brigadistas, veciños, autoridades locais, etc... e que as patrullas traballan 24 horas ao día, os sete días da semana para ter un control efectivo das súas zonas asignadas.