Alertan do "risco" que suporá que peóns e ciclistas compartan a senda entre Major e Portonovo

Sanxenxo
08 de xaneiro 2020

O grupo municipal socialista demanda ao alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, que esixa á Xunta de Galicia a execución do proxecto "coas garantías e servizos prometidos"

Senda entre Major e Portonovo
Senda entre Major e Portonovo / PSOE de Sanxenxo

O grupo do Partido Socialista no Concello de Sanxenxo comunicou que "varios colectivos contactaron con nós para queixarse da situación e advertir dos riscos que implica ter un único carril" na senda peonil e ciclista na PO-308, entre Major e Portonovo.

A portavoz municipal do PSDG- PSOE de Sanxenxo, Ainhoa Fervenza, asegurou que instará ao alcalde, Telmo Martín a que "esixa á Xunta de Galicia a execución do proxecto coas garantías e servizos prometidos".

A concelleira socialista criticou tamén a xardineira que separa o paseo da estrada que, segundo dizo "non é a mellor barreira de protección, por non preguntar quen se vai facer cargo de coidala".

Para Ainoha Fervenza esta senda non vai ser segura "xa que peóns e ciclistas terán que circular polo mesmo espazo; e aínda menos será sostible, a non ser que o señor Martín vaia cunha regadeira coidando a vexetación da mediana", sentenciaba a socialista.