Altamira celebra por todo o alto a súa Festa da Primavera

Pontevedra
07 de xuño 2026

A asociación veciñal, que decorou toda a rúa para esta celebración, destaca que iniciativas como esta buscan "pór en valor a nosa comunidade e o noso barrio cara toda a cidade"

Festa da Primavera no barrio de Altamira
Festa da Primavera no barrio de Altamira / Cristina Saiz

Aínda que a primavera está a piques de chegar ao seu fin, os veciños do barrio de Altamira non quixeron desaproveitar o bo tempo para celebrar a súa tercera Festa da Primavera.

Como en anos anteriores, veciños e visitantes participaron neste evento, creando un ambiente festivo inigualable para gozar coa diversidade do barrio.

Así, os asistentes puideron probar a comida caseira que achega a veciñanza, dende a máis tradicional empanada ata as contribucións con sabores internacionais.

Ademais, celebrouse unha nova edición do seu tradicional concurso de tortillas.

A festa estivo amenizada pola actuación de Aladino Barros (Alba Solomúsica) e Showiñas.

A asociación veciñal, que decorou toda a rúa para esta celebración, destaca que iniciativas como esta buscan "pór en valor a nosa comunidade e o noso barrio cara toda a cidade".

O obxectivo era que todos os participantes levaran unha boa imaxe do barrio. E, polas caras de todos eles, poderíamos dicir que o conseguiron.