A unión de veciños e veciñas da contorna de San Antoniño e Altamira encheu o barrio de festa e de moita xente este sábado.
Foi na segunda edición da súa Festa da Primavera, un éxito de convocatoria que a partir da unha da tarde animou a zona con música e comida e converteuse nunha cita de convivencia e lecer veciñal.
Co lema 'Altmaira vive', que tamén se puido ver nas camisetas da organización, animaron a participar na festa a toda a poboación con ganas de pasalo ben.
Para a ocasión, instaláronse na zona carpas e mesas, nas que gozaron de bebida e empanadas.
Ademais, impulsaron un concurso de tortillas, animando a todas aquelas persoas interesadas a levar a súa preparación e entrar no concurso.
As ganas de festa encontraron o aliado perfecto na música, con catro grupos amenizando a xornada.