Amplían as beirarrúas e instalan redutores de velocidade en Otero Pedrayo

Pontevedra
22 de xullo 2021

A mellora da accesibilidade chegará coa construción dun tramo de beirarrúa que non existía nesa zona, concretamente baixo a ponte do tren, e o fresado e o asfaltado da rúa. Ademais, están a habilitar un paso de peóns elevado e a instalar redutores de velocidade na calzada

Obras na rúa Otero Pedrayo Concello de Pontevedra - Arquivo

Garantir a seguridade viaria dos peóns e, especialmente, dos peregrinos que chegan á cidade. Ese é o obxectivo das obras que o Concello está a impulsar na rúa Otero Pedrayo.

A mellora da accesibilidade chegará coa construción dun tramo de beirarrúa que non existía nesa zona, concretamente baixo a ponte do tren, e o fresado e o asfaltado da rúa.

Ademais, a empresa COVSA, adxudicataria do contrato de mantemento de espazos públicos, está a habilitar un paso de peóns elevado e a instalar redutores de velocidade na calzada.

Con motivo destas obras, a rúa Otero Pedrayo permanecerá pechada ao tráfico este venres, no carril de circulación en sentido de saída da cidade, cara a rotonda do Marco.