Ana Pastor pechará a lista do PP de Pontevedra nas próximas eleccións municipais

Pontevedra
12 de abril 2023

O presidente local do Partido Popular de Pontevedra e candidato á Alcaldía, Rafa Domínguez, móstrase "ilusionado" e convencido de que a inclusión de Ana Pastor na lista electoral supoñerá "una aportación fundamental para el equipo, gracias a su compromiso con Pontevedra y con los valores y principios que defiende el partido"

Ana Pastor e Rafa Domínguez Mónica Patxot

O presidente local do Partido Popular de Pontevedra e candidato á Alcaldía, Rafa Domínguez, comunicou á Xunta Directiva da formación local que Ana Pastor Julián pechará a lista coa que a formación concorrerá ás próximas eleccións municipais. 

"Ana Pastor siempre ha estado comprometida con Pontevedra y con sus vecinos", destacou Rafa Domínguez.

"No existe duda alguna que Pastor seguirá trabajando por su ciudad como siempre lo ha hecho, con honestidad, transparencia y dedicación, para seguir haciendo crecer esta tierra que tanto quiere", engadiu o candidato do PP.

Ana Pastor Julián, actual vicepresidenta segunda do Congreso dos Deputados, é licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Salamanca, médico especialista en Medicina Familiar e Comunitaria e funcionaria de carreira do Corpo Superior de Saúde Pública e Administración Sanitaria.

Dedicou a súa vida profesional ao servizo público, desempeñando, entre outras funcións, a de médico asistencial, directora provincial do SERGAS en Pontevedra, directora xeral da Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado, ministra de Sanidade, ministra de Fomento e presidenta do Congreso.

Ao longo da súa carreira política foi ademais elixida deputada das Cortes Xerais en oito lexislaturas.

O presidente da formación local móstrase "ilusionado" e convencido de que a inclusión de Ana Pastor na lista electoral supoñerá "una aportación fundamental para el equipo, gracias a su compromiso con Pontevedra y con los valores y principios que defiende el partido".