Ana Tomé, directora da Fundación Reina Sofía: "Antes Pontevedra era dedicarse a esquivar coches, ahora se pasea placenteramente"

Pontevedra
13 de outubro 2021

"Es una ciudad amabilísima", afirma esta periodista e filóloga que este mércores, a partir das 19.00 horas, participará no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra co arquitecto David Chipperfield nun encontro do ciclo 'Urbtopías', presentado por Alejandro Espiño, xornalista de PontevedraViva

César Mosquera, Ana Tomé, Miguel Anxo Fernández Lores e Anabel Gulías
César Mosquera, Ana Tomé, Miguel Anxo Fernández Lores e Anabel Gulías / Mónica Patxot

"Es una ciudad amabilísima", afirma a xornalista e filóloga Ana Tomé, ao falar de Pontevedra. A actual directora xerente da Fundación Museo Reina Sofía participa este mércores, a partir das 19.00 horas, no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra nun encontro do ciclo 'Urbtopías' co arquitecto David Chipperfield para analizar a importancia da rexeneración urbana e a utilización dos espazos culturais como elementos de cohesión. Este encontro será moderado por Alejandro Espiño, xornalista de PontevedraViva.

Durante esta xornada mantiña unha xuntanza con Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, e trasladaba a súa impresión respecto a a cidade que visitara fai corenta anos: "antes era esquivar coches, ahora se pasea placenteramente y entiendo que a nivel de calidad de vida de las personas que vivís en Pontevedra y de los visitantes no tiene color. El tejido es muy diferente al que había", apuntou na súa comparecencia ante os medios de comunicación.

Lembrou que vivira en Sâo Paulo, México, A Habana, Nova York, Londres ou Santo Domingo, unha cidade que "es pequeña pero con un caos de tráfico tremendo", e explicou que o exemplo de Pontevedra nunha escala pequena pode transmitirse a outras cidades de maior tamaño. "Tendrán que discurrir como, pero creo que el modelo es pertinente independientemente de la escala", indicou rexeitando aquelas opinións dos que consideran que este modelo non é trasladable a grandes urbes.

Tomé traballo durante anos en países  lationamericanos con propostas de recuperación de espazos degradados no centro das cidades a través da acción cultural para que reforzasen o seu valor. "Mi punto de vista es más de contenido que de continente", manifestou.

Na actualidade, á fronte da Fundación Museo Reina Sofía tenta crear unha rede cultural xerando contidos a través da articulación de iniciativas e movementos que antes actuaban de maneira individual.