Este luns 13 de outubro non foi un luns calquera... Foi un fiestón sorpresa para Isidro Jiménez Luís! Cumpleañero, técnico de raios e, agora si, flamante xubilado.
Aos seus 64 anos, despídese do centro de saúde Virxe Peregrina de Pontevedra, onde traballou o últimos sete dos seus impresionantes 43 anos de carreira. Antes pasou gran parte da súa vida laboral no Hospital Provincial, deixando raios e bos recordos por onde pasaba.
Pero, quen dixo que a xubilación non se celebra ao grande? Xusto antes das dúas e media da tarde, cando Isidro preparábase para saír no seu último día, zas! Caeulle encima un mariachi. Literalmente. Non o esperaba nin en soños. Fixo mesmo o xesto de dar media volta e escapar… pero xa era tarde. Entre risas e berros de "pasa pa aquí!", coroárono —como a bo rei que se xubila— e o mariachi, Baltasar Caramés (mexicano con ADN galego), empezou a tocar a súa guitarra.
Co uniforme de sanitario aínda posto, Isidro uniuse encantado á festa. Alí estaban a súa muller Ana Deza, tamén do gremio sanitario, unha chea de compañeiros de mil departamentos e amigos con ganas de troula. Só faltaron as súas fillas, Aurora e María, que desde Toledo seguro que lle aplaudían na distancia. "Mis dos amores", dixo Isidro con tenrura.
E por que o mariachi? Pois porque el levaba anos dicindo:"El día que me jubile, quiero un mariachi". E oe, dito e feito. Empezaron con 'Sigo siendo el rey' e 'Las mañanitas'. Marcouse un baile con Coro Sánchez, a xefa de servizo, e gritou un emocionado: "Muchísimas gracias!". Pero a cousa non acabou aí…
"¡Espérate que viene otra!", soltoulle Baltasar. E entón... máis música! Un coro improvisado pero con letra de autor cantoulle dúas versións personalizadas da 'Rata de dos patas' e 'Cielito lindo'.
Nacido no recuncho estremeño de Villanueva de la Vera (Cáceres), Isidro aterrou en Pontevedra aos 19 aniños co uniforme repasado e a mochila cargada de ilusión, listo para facer carreira como militar en Figueirido. Pero como a vida dá moitos xiros, un bo día decidiu cambiar o fusil pola bata branca e lanzouse a por unhas oposicións de auxiliar de clínica. E aprobounas! O seu primeiro destino foi o servizo de Radioloxía, onde non bastaba con mirar placas xa que había que estudar. Así que, sen medo ao radiodiagnóstico, formouse como técnico de raios.
"Soy hijo adoptivo de Pontevedra", di con orgullo e despídese co seu permanente sorriso: "Me voy muy contento de haber servido a la sanidad pública".
Isidro, agora si, colga a bata branca tras 43 anos no Sergas e dous máis por aí. A gozar da xubilación como se merece… con ritmo, con amigos e con swing de golf!