Andalucía? Non, Ponte Caldelas

Ponte Caldelas
08 de maio 2017

A vila acolleu durante esta fin de semana a 16 edición da Concentración Cabalar Festa da Troita. A cita contou cunha homenaxe ao gandeiro galego Francisco Patiño

Concentración Cabalar Festa da Troita en Ponte Caldelas 2017 Concello de Ponte Caldelas

Durante esta fin de semana, Ponte Caldelas acolleu a 16 edición da Concentración Cabalar Festa da Troita con diversas actividades que se desenvolveron no recinto de Hípica Amazonas da Ínsua.

O colorido e a beleza equina caracterizaron este encontro no que se celebraron concursos de estampa das distintas razas coa presenza de cabalos chegados desde puntos de toda Galicia. 

Centos de persoas achegáronse ata as instalacións, onde tamén se rendeu unha homenaxe ao gandeiro Francisco Patiño, da gandería Patiño Guillán, que recibiu unha placa conmemorativa polo seu traballo na cría pura raza española.

O alcalde Andrés Díaz tamén asistiu a este encontro, no que non faltaron traxes típicos de Andalucía combinados coas habilidades ecuestres.